Contidos
Conceptuais
- Principais elementos dunha gráfica. Eixes e escalas.
- Variables. Variable dependente e independente.
- Táboas de valores. Relación entre táboas e gráficas.
- Crecemento e decrecemento dunha función. Máximos e mínimos.
- Puntos de corte cos eixes.
- Pendente dunha función. Interpretación do seu significado.
- Concavidade e convexidade dunha función.
- Funcións continuas.
- Funcións periódicas.
- Expresión alxébrica dunha función. Construción de gráficas sinxelas a partir da mesma.
Procedimentais
- Identificar e interpretar os principais elementos dunha gráfica.
- Relacionar táboas sinxelas con táboas de valores.
- Construir de xeito aproximado gráficas a partir dun texto.
- Empregar ferramentas informáticas para a construcción e estudo de gráficas.
- Empregar os medios de comunicación como recursos para o estudo das gráficas.
- Construir gráficas de funcións a partir de expresións alxébricas sinxelas.
- Expresar por medio da linguaxe alxébrica relacións sinxelas entre magnitudes.
Actitudinais
- Valorar a importancia da linguaxe gráfica en diferentes campo da realidade e do coñecemento.
- Valorar a linguaxe gráfica como un medio axeitado para dar certas informacións sobre relacións e procesos.
- Entender a importancia da precisión nas interpretacións das diferentes gráficas.
- Ser crítico fronte ás informacións extraídas por outras persoas dunha gráfica.