Avaliación

 

Dado que a avaliación debe ser un elemento presente en todo o proceso de ensino-aprendizaxe,  o profesor terá en conta o traballo e a actitude do alumnado en todo momento, á hora de abordar as diferentes actividades,  no emprego  das  distintas ferramentas informáticas, na búsqueda de materiais nas webs  e nos medios de comunicación , etc.

Os  criterios que serán tidos en conta como  mínomos á hora de avaliar a unidade son os seguintes:

  1. Interpretación correcta das relacións entre dúas magnitudes a partir da información recollida nunha gráfica.
  2. Distinguir os principais elementos dunha gráfica, así como as variables dependente e independente
  3. Emprego de escalas axeitadas á hora de elaborar gráficas.
  4. Identificar as características principais dunha gráfica: crecemento, extremos, concavidade, periodicidade, continuidade, etc.
  5. Elaborar gráficas a partir de textos e de táboas.
  6. Achar a expresión alxébrica que represente relacións sinxelas entre magnitudes.
  7. Elaborar gráficas de relacións de proporcionalidade a partir da expresión alxébrica.