A gripe de Marta

Marta, nun frío e húmido día de outono, foi pescar e, tras varias horas á beira do río, voltou para casa sen máis captura que a de varios milleiros de individuos da especie Myxovirus Influenzae, vulgarmente coñecido como virus da gripe. Seguidamente amosamo-la evolución da temperatura corporal de Marta nas seguintes 24 horas.

Icono IDevice Actividade 1

   Á vista da gráfica, fai unha breve explicación da evolución da febre de Marta.



Icono de IDevice de pregunta Actividade 2
Marta tomou un antitérmico que acada o seu máximo efecto ás 2 horas da súa inxestión. Cantas doses tomou?
  
4
8
6

A gráfica da febre de Marta ten un máximo absoluto cando a súa temperatura toma un valor aproximado de:
  
40 graos
36 graos e medio
Esta gráfica ten varios máximos absolutos.

A que hora acadou a temperatura de Marta o seu valor mínimo?
  
Ás 16 horas
Ás 20 horas
Cos datos da gráfica é imposible responder esta cuestión.