Primeiros pasos para a creación dunha intranet educativa

5.- Un camiño moi axeitado, por toda a pontencialidade que pode chegar a ter é a creación dunha Intranet educativa, que ven a ser unha rede que ten "servicios" como os de internet pero que se atopa limitada a unha determinada área (o seu centro).

Para elo deberemos de escoller un ordenador do noso centro que teña acceso á rede, nel instalaremos un programa (servidor web) e copiaremos as nosas actividades a unha determinada carpeta, a partir de aquí calquera ordenador que esté conectado á rede do noso centro poderá "ver" as nosas actividades simplemente con ter un navegador co pulgin de Java instalado.

Instalamos o servidor web "Apache": Existen en internet varias "distribucións" para poder instalar este software, na seguinte animación empregaremos a de AppServ por ser moi sinxela para ordenadores Windows.
Si o desexa instalar nun ordenador Linux (o máis aconsellable) é moi probable que xa o teña instalado ou que se instale moi fácilmente xa que Apache é tamén software libre (En OpenSuse sería tan doado como ir a "Yast-Agregar programas" e escribir "Apache" na casiña para a búsqueda de software, no resto de distribucións non debe de variar moito).
Anterior     Seguinte