Primeiras solucións

1.- Nun principio poderíamos pensar en copiar os arquivos necesarios nos ordenadores dos alumnos ou en CDs e executar un arquivo htm da actividade ou paquete que desexemos abrir. NON é a mellor solución, non estaría aproveitando nada a potencialidade que nos brindan as redes nos centros, ademais de ser un traballo repetitivo e cansino para vostede, ainda que é ben certo que esta sería a única opción si os ordenadores do alumnado non estivesen en rede.

Nas seguintes opcións se trata precisamente distintas estratexias para non ter que andar "ordenador a ordenador" instalando/copiando actividades, de xeito que únicamente poñamos o noso traballo nun único ordenador (ou servidor de interenet) e que logo cada alumno dende o seu ordenador poda acceder ás actividades.

           

2.- CARPETA COMPARTIDA: Esta sería outra das opcións, nun único ordenador que esté conectado á rede poderíamos compartir unha carpeta e colocar alí os arquivos que necesitásemos, os alumnos únicamente "buscarían" a carpeta e executarían un arquivo htm, esta opción pode parecerlle axeitada pero convírtese nunha solución "enfarragosa" en canto empezan a medrar o número de actividades na carpeta compartida. Pense que debería de "lembrarse" de "todo o camiño" (ruta) para cada unha das actividades (ou paquetes). Por outra banda, cando o décimo ordenador(alumno) intentase entrar á nosa carpeta Windows no llo permitiría (na teoría permítese un máximo de 10 usuarios conectados ó mesmo recurso, na práctica se ten observado que raras veces acepta máis de 7), polo que tampouco se recomenda este método.

 
 
Seguinte