Dentro dos datos xerais tamén podemos introducir os datos para a construcción dun menú principal e dun menú lateral ou submenú. No menú principal pode indicar direccións de interés xeral para consulta, enlace á propia páxina do centro (recorde que tamén pode indicar enlaces a arquivos), no submenú pode reservalo para informacións ou lugares máis específicos, non obstante a finalidade de cada un destes menús é decisión súa...