Na procura de audio

Existen varias actividades nas que se poden introducir sons que se reproducen logo na actividade, neste titorial imos ver dúas formas de obter eses sons dun xeito moi sinxelo .
           
Ardora emprega arquivos de son AU, ainda que pode traballar con wav NON SE RECOMENDA, únicamente funcionarían "en local". No curso ten un manual detallado sobre como convertir calquera outro formato de son (mp3, wav, aiff, ogg ...) ó soportado por Ardora mediante un dos moitos programas que permiten esto.
Se emprega o formato au debido a que, a pesar da súa baixa calidade (inferior ó mp3), non require de ningún tipo de codificación dentro das actividades, permitindo así un acceso á actividade máis rápido, de feito foi o primeiro formato de son que se empregou na web.
Seguinte