Como pudo observar cando se falou dos bloques nos que está artellado o curso, existen cinco bloques nos que se lle pedirá o envío de un número determinado de actividades, en cada un destes bloques se agruparon aquelas actividades que poideran ter unha similitude en canto a dificultade técnica ou recursos empregados.
Na avaliación destes envíos, únicamente se comprobará que se realizaron o número e tipo de actividades pedido, non obstante lembre o comentado no apartado anterior (pense un determinado tema, aspecto dunha área ou áreas, nivel,.. así como o de ir máis alá do indicado na proposta) xa que estas actividades poderán despois ser empregadas no derradeira proposta de traballo.
Ainda que hai 3 bloques nos que non se realizará ningunha proposta de traballo para avaliación, é moi importante que os consulte e trate de seguir xa que son fundametais para a derradeira proposta de traballo.
Se está vendo o xeito de que todos os envíos de actividades sexan colocados nalgún "lugar" para o visionado de todos e todas os inscritos neste curso.
Por favor teña sempre presente as datas de entrega de cada unha das propostas.