Ardora, ferramenta "de autor"
Ardora é un programa "de autor", dirixido ó ámbito do ensino, que intenta que o docente poda centrar o seu "esforzo creativo" no estríctamente educativo, non no seu tratamento tecnolóxico. Como calquera ferramenta de autor únicamente intenta facilitar a creación da obra, evitando procesos que non son propios do creador, non obstante debemos de ter moi claro que é o docente, a súa imaxinación e a súa profesionalidade a que determinará a calidade do "producto final". A xeito de exemplo, ó longo do curso iranse amosando distintos desenvolvementos feitos por docentes, tanto galegos como non galegos, na páxina oficial tamén dispón dalgúns exemplos. |
|||||