Benvido/a

Os titores deste curso, José Antonio Martínez Lista e José Manuel Bouzán Matanza desexamos darche a benvida a este curso, esperando que o esforzo que aquí vas a realizar sexa de proveito, non so para ti, se non que tamén para o teu alumnado.

Queremos tamén aproveitar a ocasión para decirche que non teñas o menor reparo en acudir ós foros deste curso cada vez que teñas unha dúbida, problema técnico, ... e, por que non?, suxerencias, Ardora é hoxe xa o froito de moitos comentarios, informes de erros ou de propostas de novas actividades e funcionalidades feitos polos usuarios e usuarias.

Para evitar esforzos innecesarios ou tempo perdido é moi importante que consultes os seguintes apartados onde se trata de explicar tanto a estructura do curso como os principais puntos da avaliación do teu traballo.

 

NOTA: Para poder ver este pequeno vídeo de presentación é preciso que o navegador teña instalado algún pulgin que permita o visionado de arquivos mpg como pode ser quicktime.