Queremos crear un coche de xoguete que teña a mínima resistencia ao vento. O alumnado deseñará as pezas, fabricará e probará diferentes propostas ata dar coa máis eficiente.
1/3
Imos crear unha xoia particular de cada un na que só haxa obxectos poligonais. Deseñarémola en papel e logo produciremos un prototipo en plastilina ou barro. Posteriormente pasaremos a deseñala nunha app como 123D de Autodesk e imprimirémola en 3D. Xa temos algo máis que vender na nosa tenda solidaria.
2/3

Estamos estudando aerodinámica, polo que imos crear un avión o máis lixeiro posible e co menor rozamento posible. Para iso imos crear prototipos con diferentes formas, testando o seu resultado e posteriormente volvendo á mesa de deseño ata dar coa solución eficaz.
3/3