XEOLOCALIZACIÓN: Estamos estudando a orografía da nosa terra polo que buscamos e localizamos os montes máis altos a través de diferentes medios e utilizando coordenadas GPS para posteriormente localizalos nun mapa interactivo e amosalos no noso proxecto que se difunde na Web.
1/12

XEOLOCALIZACIÓN: No noso proxecto sobre a nosa vila queremos localizar todos os talleres que reparan vehículos e coñecer as súas características así como as distancias desde diferentes puntos da vila para saber cales son os máis oportunos segundo nos situemos. Imos situar no noso mapa todas aquelas actividades que cumpren as características.
2/12

XEOLOCALIZACIÓN: Alimentación saudable: onde nacen os produtos máis coñecidos da nosa terra? imos situar nun mapa as localidades onde aparecen eses produtos e as variedades que existen con respecto a outros lugares.
3/12

4/12
CÓDIGO QR: Actividade de pintura en lingua inglesa na que, a través de debuxos e pinturas, expresan o significado dos idioms (frases feitas en lingua inglesa) asociándoos a un código QR. Cada código vai ligado a unha entrada no blog onde se explica o seu significado e a técnica pictórica.
CÓDIGO QR: Actividade de pintura en lingua inglesa na que, a través de debuxos e pinturas, expresan o significado dos "idioms" (frases feitas en lingua inglesa) asociándoos a un código QR. Cada código vai ligado a unha entrada no blog onde se explica o seu significado e a técnica pictórica.
CÓDIGO QR: O alumnado crea un manual de usuario para cada ferramenta informática, en formato libro dixital electrónico visualizable na Web e asociado a un código QR que está dispoñible no catálogo de aplicacións para que calquera poida resolver as súas dúbidas.
5/12

CÓDIGO QR: Nos proxectos de cultura que estamos a facer, realizaremos un estudo de diferentes pinturas e obras presentes e crearemos unha páxina web para cada unha delas. Posteriormente deseñaremos un código QR que presentaremos no centro de maiores da vila para ensinarlles aos nosos vellos como funciona e o que poden ver nos museos.
6/12

REALIDADE AUMENTADA: Proxecto lector: de cada libro que se escolla na nosa biblioteca de aula, os nenos e nenas utilizarán a portada como disparador para lanzar un pequeno vídeo sobre el realizado con apps como Tellagami ou Plotagon no que, coa súa voz, explicarán o argumento e a importancia que tivo a obra.
7/12

8/12
REALIDADE AUMENTADA: No proxecto da horta escolar, cada grupo realiza a explicación de cada un dos apeiros utilizados para traballar a terra sobre unha foto del que servirá de disparador. No vídeo aparecerán os nenos explicando o uso correcto do instrumento en cuestión.
9/12
REALIDADE AUMENTADA: No estudo realizado sobre a relación da música con outras áreas de coñecemento imos utilizar unha colección de imaxes de cada músico para utilizar como disparador e, desde elas, amosar vídeos nos que explicamos as características da súa música, as características socioeconómicas do momento, as características culturais e as artísticas contemporáneas.

10/12
REALIDADE VIRTUAL: Na nosa visita ao museo de arte contemporánea de Santiago de Compostela imos realizar unha ruta inmersiva do percorrido desde a parada do bus ata a entrada do museo, polo que realizaremos varias imaxes de 360º do traxecto e incluiremos os puntos de información dentro da app de Thinglink dos elementos visibles máis importantes, e as referencias con imaxes e textos axeitados.

11/12
REALIDADE VIRTUAL: No noso proxecto de coñecer o barrio, faremos unha imaxe inmersiva de diferentes actividades comerciais que se realizan na zona, concretamente nas zonas de traballo e referencias de cada elemento que se utiliza para realizar as tarefas máis importantes.

12/12
REALIDADE VIRTUAL: Imos visitar o río que está preto do noso centro, e para explicar a flora e a fauna máis relevante, imos realizar un percorrido con imaxes inmersivas nas que destacaremos nos puntos de interese imaxes e textos sobre as especies máis importantes dese ecosistema.