Visión compartida para promover a mellora

• Os sistemas educativos precisan hoxe en día garantir que o alumnado adquira non só coñecementos curriculares senón, tamén, que acade, por unha banda, as competencias clave para o seu pleno desenvolvemento persoal e social (aprender a aprender, sociais e cívicas, matemática/científica/ tecnolóxica, dixital, lingüistica...) e, por outra, adquira a educación en valores que enmarque o seu proxecto vital.

• Neste sentido, é preciso que se lle facilite ao alumnado a adquisición das destrezas vinculadas a xeitos de pensamento (creatividade, pensamento crítico, solución de problemas, toma de decisións e aprendizaxe), ou de traballo (comunicación e colaboración). Destrezas en xeral vinculadas ao crecemento persoal ao exercicio da cidadanía e da carreira profesional.

Mobilizar o talento e o coñecemento de persoeiros relevantes.

Para o sistema educativo galego, é importante a achega que persoeiros relevantes, nos distintos campos do coñecemento e do desenvolvemento profesional e con amplo recoñecemento no ámbito social, poidan facer para favorecer a motivación de todos os membros das comunidades educativas.

Neste sentido, estimular a curiosidade e a creatividade mediante o achegamento destes persoeiros aos centros de ensino en formatos de comunicación directa, como charlas-coloquio, acompañadas, no seu caso, de traballos por proxectos, pode ser un medio efectivo de apoio a ese fin.

Moitas persoas relevantes xa están a compartir o seu coñecemento e talento coas comunidades educativas sendo elementos conectores e motivadores. O proxecto ofrece unha plataforma que da visibilidade a estes esforzos e está aliñeado co sistema educativo dun modo coherente.

A REDE DE SOCIOS (PARTNERS)

Estes son algún dos persoaeiros cos que contaremos...

Ángel Carracedo

Científico e divulgador


Pepe Solla

Cociñeiro con estrellas Michelin


Cristina Pato

Gaiteira internacional


Kiko Novoa

Xornalista da Radio Galega