U.D. Volleyball

Site: Centro Autonómico de Formación e Innovación - Aula virtual
Course: curso de Jesús Figueira Bello
Book: U.D. Volleyball
Printed by: Usuario convidado
Date: Thursday, 20 November 2025, 10:00 PM

1. Regras básicas capítulo I

O campo mide 18x9, dividido por unha liña central que separa ambos campos. A 3 metros desta liña está a liña de ataque.
A rede é de 2,43 metros para os homes e 2,24 para as mulleres.
No campo hai 6 xogadores por equipo, 3 dianteiros e 3 defensores.
 

2. Regras básicas capítulo II

O saque pódese realizar desde calquera lugar detrás da liña de servizo e sen pisar a liña de fondo. Non se pode bloquear o saque.
Sempre que un equipo recupera o saque, os seus membros teñen que xirar no sentido horario.
Cada zona de campo recibe un número: os dianteiros ocupan as zonas 2,3 e 4 e os defensores as zonas 1, 6 e 5.

3. Regras básicas capítulo III

O equipo que gaña a xogada marca un punto.
Para gañar un set debes anotar 25 puntos, cunha diferenza de 2.
O equipo que gañe 3 sets gaña o partido. En caso de empate a dous sets, xogarase un 5o set.
O set de desempate xógase a 15 puntos, cunha diferenza de 2.