Repentistas do RAP na Galiza
2. Batalla de galos
Unha “Batalla de galos” é unha controversia, un pique, un desafio, un diálogo improvisado de freestyle ou estilo libre entre dúas persoas, na cultura Rap. Nas “Batallas de galos” improvísase un combate rimado no que unha das persoas ten como obxectivo ficar por riba da outra. O freestyle é esencialmente competitivo. Acostuma a ser un enfrontamento verbal violento e, polo xeral, con valores machistas e homofóbicos. A participación de mulleres é minoritaria.
.
Olla un fragmento da batalla de galos entre Vicente Amosa e Xavi Shadow, no Festival da Lingua de Vila de Cruces, em xuño de 2016,
.
.
.
Shadow: (…) - Non te vexo seguir,
non, mírame a min
Sairemos os dous de aquí
e non da man,
cunha paliza.
.
Vicente: - Para saber rapear
primeiro hai que vocalizar.
Aprende a facer freestyle
e despois imos falar.
Non te preocupes,
ti aínda es un novato,
es un MC, es do máis pallaso.
Con esa cara de paella
estás feito unha doncella.
Non falas doutra cousa
que de cus e de tetas.
Ponte a estudar,
así a nada vas chegar.
Ti es o futuro do rap?
Xa verás, vas acabar
antes de empezar.
.
Shadow: - Todo o que me dixeches
xa o cicatrizarei (...)