Aprender xogando, hai algo mellor?

Ludificación e xogos de rol

Obxectivo:
Iniciar no uso e mostrar o potencial dos xogos como ferramentas educativas, facendo especial fincapé nos xogos de rol.
Descrición:
Durante o obradoiro desenvolveremos un conto, usando as mecánicas que proporcionan os xogos de rol, tal e como se faría en clase co alumnado. Para iso interrelacionaremos varias materias (plástica, lingua, matemáticas, inglés e ciencias), conxugando cada área nun proxecto común e non como ensinanzas ailladas.

Impartido por Roberto Alhambra, mestre de idioma estranxeiro (inglés) no CEIP San Salvador (Arnoia)

volver aos obradoiros