
Epoptes é unha ferramenta que permite ao profesorado xestionar e supervisar os equipos da aula de forma remota. Algunhas das funcionalidades son a visualización dos equipos do alumnado, o control remoto, o envío de mensaxes, a creación de grupos e outras opcións que facilitan a organización e a xestión da aula dixital.