Información sobre as lecturas
|
Henrik Ibsen UN ENIMIGO DO POBO |
Relata a historia do doctor Thomas Stockmann nunha cidade onde o balneario é a principal atracción e o motor da economía local. |
Henrik Ibsen é o máis importante dramaturgo noruego e un dos máis influintes da dramaturxia moderna. As súas obras Hai varios exemplares da obra na biblioteca |
|
Jesús Mosterín A NATUREZA HUMANA |
La Naturaleza Humana é unha das súas obras máis renomadas. Concetrarémonos nos capítulos relativos á morte, todos eles breves, e polos ítulos xa vedes a temática:
|
Jesús Mosterín, un dos máis prestixiosos filósofos hispanos de maior prestixio internacional, é profesor de Investigación no Instituto de Filosofía do CSIC, profesor de Lóxica e Filosofía da Ciencia na Universidade de Barcelona, profesor visitante en varias universidades de Europa, Asia e América Latina.
Esta é a portada do libro que está dispoñible na Biblioteca.
|
|
Marvin Harris A NOSA ESPECIE |
Centrarémonos nestes curtos pero interesantes capítulos:
Seguro que haberá outros capítulos que atraerán a vosa atención, consultade o índice. |
Marvin Harris, antropólogo, naceu en New York en 1927 e morreu en 2001. É o iniciador dunha corrente chamada materialismo cultural que tivo unha grande repercusión na antopoloxía actual, cuxa idea base é que a relixión, a ciencia, a arte, a música, os rituais, etc. dependen da organización familiar e política, dos papeis de cada xénero e de cada grupo de idade, da estruturación en clases socias ... o que a súa vez vén determinado polo que se pode pode producir, as tecnoloxías do momento, os nacementos e mortes, os recursos naturais... Varios exemplares a vosa disposición na biblioteca |
|
Oliver Sacks UN ANTROPÓLOGO EN MARTE |
Leremos o capítulo do pintor. |
Oliver Sacks, neurólogo de recoñecido prestixio e profesor da Universidade de Columbia, un dos grandes escritores clínicos da actualidade preséntanos sete casos neurolóxicos que poden lerse como sete parábolas sobre a mutabilidade da condición humana. |
|
Jean Paul Sartre A PORTA PECHADA |
Dúas mulleres e un home van parar ao inferno e este inferno, lonxe da iconografía cristiá que mostra un lugar horrible, envolvido en chamas e no que se contemplan os maiores suplicios, non é máis que unha habitación de hotel, con tres diváns e unha decoración entre barroca e kitsch, na que van ter que soportarse de aquí á eternidade.
De todas formas déixovos aquí unha ligazón a un PDF co texto para descargar gratuitamete ou imprimir. |
Jean Paul Sartre, filósofo e escritor naceu en 1905 e morreu en 1980 |
|
Julio González Álvarez BREVE HISTORIA DEL CEREBRO |
Como pode ser que todo o que nós pensamos, sentimos, cremos, entre nunha masa de neuronas do tamaño do noso cráneo? Que lugar ocupan nel a nosa memoria, os nosos gustos musicais, ou a imaxe dun rostro que non vemos dende a infancia? Algunha vez che preguntaches como é posible que a partir dun conxunto de células xurda un estado mental, ou mesmo un “eu” consciente? Da páxina 267 á 295. Interesantes tamén os dous capítulos anteriores sobre avances recentes. |
Julio González Álvarez, Preme na imaxe |
|
Richard David Precht |
"Trata de "cuestións filosóficas da existencia humana e da humanidade", como anuncia el mesmo. Que pode un saber, sobre todo de sí mesmo? Quen son eu, que é o eu, os sentimentos, memoria, a verdade... Que facer, como obrar, por que son os homes quen de obrar moralmente, en que medida a bondade ou maldade se corresponde coa natureza humana?" (Tomado de EL PAÍS) Da páxina 57 á 66, da 77 a 86, da 87 a 96, da 97a 108, da 123 a 129. |
Richard david Precht Preme na imaxe |
8

sempre tiveron un trasfondo de crítica social 
Escrito cun estilo agradable de ler aborda unha moreira de temas referidos á evolución dos seres humanos e as sociedades en que se desenvolveron, desde cuestións relacionadas co sexo, o comer, as relixións, as guerras, o canibalismo ...
Alucinante. Un pintor que tras un accidente deixa de percibir a cor; un cirurxián cuxos tics só remiten cando opera ou pilota o seu avión; un cego que recupera a vista e dáse conta de que non sabe ver; unha autista a quen as emocións humanas deixan perplexa... 
Non hai exemplares dspoñibles na biblioteca porque o libro está esgotado. É posible que o teñan na biblioteca municipal.



