FALANDO DE DEREITOS

O máis parecido a unha declaración dos dereitos dos moribundos que poida ser asumida polas diferentes administracións é o compilatorio proposto pola OMS en 1990 e que comparten gran parte dos profesionais ligados aos coidados paliativos aínda que evidentemente poida ser obxecto de mellora.

A primeira norma nesta materia do estado español vén de aprobarse na  comunidade autónoma andaluza polo Consejo de Gobierno de la Junta en xuño de 2009. O proxecto de lei de Derechos y Garantías de la Dignidad de las Personas en el Proceso de la Muerte pretende garantir a autonomía dos pacientes no período final e regular os  deberes dos profesionais sanitarios. Ler máis

A seguinte listaxe é unha tradución sobre os dereitos que sobre esa base presentan psicólogos de ACAPD1

O enfermo terminal ten dereito a ...

... vivir ata o seu máximo potencial físico, emocional, espiritual, vocacional e social, compatible co estado resultante da progresión da enfermidadade.

... vivir independente e alerta.

... ter alivio no seu sufrimento físico, emocional, espiritual e social, sendo a meta que se debe alcanzar o máximo confort posible para o paciente.

... coñecer ou rexeitar o coñecemento de todo o concernente á súa enfermidade e ao seu proceso de morrer.

... ser o eixo principal das decisións que se tomen na etapa final da vida.

... que non se lle prolongue o sufrimento indefenidamente, nin se apliquen medidas extremas e heroicas para soster as súas funcións vitais.

... facer o mellor uso creativo posible do seu tempo, dos seus compromisos.

... que as necesidades e temores dos seus seres queridos sexan tidos en conta antes e logo da súa morte.

... morrer con dignidade, tan confortable e apaciblemente como sexa posible.

Asociación Catalana de Ayuda frente a la Pérdia y el Duelo. Publicados por en Leila Nomen y Juan Calos Uríszar "El acercamiento a la persona en la fase final de su vida y a sus fmiliares" en Tratando... el poceso e duelo y de morir


A cantos teñen forza de vontade e independencia mental, anímolles a emprender esta divertida campaña en defensa da autonomía persoal na vida e na morte."

Timothy Leary,
psicólogo, profesor de Harvard, artista polifacético.


.

 

.

q Acompañamento e coidado 

 

 inicio

 

 

Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM