As persoas van configurando ao longo da vida o seu carácter que fornecerá os estados de ánimo desde os que vai a experimentar as vivencias propias da enfermidade e dos seus últimos días. Os estados polos que ten que pasar tanto que sexan orixinados pola dimensión biolóxica do seu organismo, por exemplo  malestar, invalidez, coma que teñan unha base psicosocial, a soidade ou a dependencia, entre outros, poden ser sentidos como unha ameaza de maior ou menor calibre. Dependendo da avaliación que a persoa faga dos recursos de que dispón para combater esa ameaza  estará determinada a máis ou menos sufrimento.

Sendo así, o/a acompañante pode prestar considerable axuda se está atent@ a descubrir que elementos son os que a persoa enferma está a percibir como máis ameazantes e compartindo esta información co equipo clínico intentar proporcionar elementos que lle axuden a recuperar o control sobre algúns aspectos, por puntuais e pequenos que sexan, diminuíndo así a sensación de incerteza e a conseguinte ameaza.

Principais vivencias susceptibles de ser asociadas á enfermidade1

Invalidez


Incapacidade total ou parcial para realizar algunha das funcións ou accións inherentes á vida dos seres humanos.

Molestia


O fisicamente penoso coma a dor, disnea, náuseas, sensacións desagradables, por exemplo térmicas.

Ameaza

 

Vai unida ao medo ao malestar, ao descoñecido e incontrolable, á interrupción dos proxectos e desexos. Corre paralela cos sentimentos de soidade e anomalia.

 

Succión polo corpo

 

Sensación de ter que estar constantemente pendente do organismo ou dalgunha da súas partes. O corpo absorbe a dedicación do suxeito.

 

Soidade

 

Producida pola incapacidade de comunicar as sensacións  de dor, afogo ou angustia. A escaseza de relacións sociais e afectivas incide negativamente na saúde. Mostrouse relevante a importancia non só da intensidade da relación senón tamén o número de contactos en relación ao risco de demencia.

 

Anomalía

 

Sensación de ser diferente, especial, non normal, mesmo marxinal e indign@.

 

Recurso

 

Proporciona a oportunidade de dar un xiro radical na vida , de descargar parte das responsabilidades e de converterse no centro de coidados e afectos.

 


“Un ser humano enfermo é esencialmente un ser humano vulnerable que se sinte ameazado pola invalidez, o malestar, a succión polo corpo e a anomalía”.  

Ramón Bayés.


 “Cando o moribundo sente que xa non ten ningunha importancia para as persoas que o rodean, entón está realmente só”.  

Norbert Elías


.

 

.

q

q Acompañamento e coidado 

 inicio

 

Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM