Browse the glossary using this index

Special | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | ALL
BH

Hardware

by Benito Hermida Pérez 2BACA - Friday, 27 November 2009, 9:54 PM
 

O hardware é o conxunto de partes físicas que compoñen un ordenador (cables, circuítos, sistema de ventilación, disco duro...) e os seus anexos (teclado, rato, altofalantes...).

Diferénciase entre hardware básico e hardware complementario. O básico é aquel imprescindíbel sen o cal o ordenador non tería ningunha función, coma a fonte de alimentación; o complementario é aquel que, inda que sexa importante, é prescindíbel, coma o rato ou incluso o monitor.

LG_L194WT-SF_LCD_monitor.jpgMonitor (a pantalla propiamente dita é tan só a parte na que aparecen as imaxes). É un dispositivo periférico complementario.

O compoñente do hardware máis importante é a CPU (unidade central de procesamento), xa que, coma o seu nome indica, procesa todos os datos do software.

Intel_80486DX2_bottom.jpg Un microprocesador (na imaxe) é o tipo de CPU máis común actualmente.