Convócanse os premios extraordinarios de Bacharelato destinados ao alumnado que rematou Bacharelato na convocatoria ordinaria do curso 25-26 cunha media da etapa igual ou superior a 8,75.
O alumnado dos centros docentes de Galicia que cumpra eses requisitos pode presentarse á proba para a obtención do premio extraordinario, que ten unha dotación de 1.000 € para cada un/ha dos/as 20 mellores resultados na citada proba.
A proba terá lugar o día 16 de xuño e os lugares de realización publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/). A proba consta de tres exercicios que versarán sobre: análise e comentario crítico nos dous idiomas cooficiais (20 puntos), primeira lingua estranxeira (10 puntos) e unha materia de modalidade (elixida na solicitude) (10 puntos).
Para matricularse na proba o alumnado deberá presentar no instituto o Anexo I debidamente cuberto. O prazo de matrícula está aberto do 2 ao 8 de xuño, ambos inclusive. As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas na proba publicarase o día 9 de xuño no portal educativo e en PremiosEdu. O prazo de corrección de erros na matrícula será de 3 días hábiles, do 10 ao 12 de xuño. As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na proba publicarase o día 15 de xuño no portal educativo e en PremiosEdu.
Con posterioridade á realización da proba, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da mesa, o alumnado que resultase merecedor dun dos premios deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de Bacharelato.
Toda a información sobre estes premios, así como modelos de exame de convocatorias anteriores, poden consultarse na páxina web PremiosEdu: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/.
