A Educación Secundaria para persoas Adultas (ESPA) é equivalente á Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) que os rapaces cursan no ensino ordinario, aínda que mostra diferenzas na organización dos contidos e na distribución do tempo de estudo.
É un ensino gratuíto (só hai que mercar material didáctico), con clases diarias obrigatorias e con proceso de avaliación continua no seguimento do alumnado.
Neste centro establécense dúas quendas (mañá e tarde), para dar resposta ás necesidades horarias do alumnado (Horarios).
Validez académica
- Expedirase o título de Graduado en Educación Secundaria a todas aquelas persoas que acaden os obxectivos xerais establecidos. Esta titulación permite:
- Cursar F.P. de grao medio.
- Cursar Bacharelato.
- Acceder ao mundo laboral.
- Cando non se rematen os estudos correspondentes á Educación Secundaria, a dirección do centro emitirá unha certificación onde consten os módulos cursados e as cualificacións obtidas.
