Noticias do sitio

Benvida ao curso 2025/26

por Admin Centro -

Dámosvos a benvida ao novo curso académico no Conservatorio Profesional de Danza de Lugo. Iniciamos unha etapa que esperamos estea chea de ilusión, compromiso e aprendizaxe compartida.

O noso obxectivo segue a ser acompañar ao alumnado no seu desenvolvemento artístico e persoal, creando un espazo de formación e convivencia no que toda a comunidade educativa se sinta partícipe.

Agardamos que este curso sexa para todas e todos unha experiencia enriquecedora, chea de danza, esforzo e ilusión.

Equipo do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

(Editado por Nuria Matos Patiño - entrega orixinal xoves, 5 de outubro de 2023, 9:31 AM)