A semana pasada celebramos a entrega de premios do Concurso de Escritura en inglés e portugués. Queremos destacar a gran calidade de todos os textos recibidos, que nos emocionaron e fixeron que a elección fose realmente difícil. Nesta ocasión, o xurado premiou a dúas grandísimas escritoras: Samantha Fernández Pinheiro, co seu emotivo relato “Silent Night”, e Iria Conde Pérez, co seu relato para a reflexión “Capitão galego e a súa viagem a Portugal”. Parabéns ás dúas! Encantounos o voso traballo.
Queremos dar un agradecemento moi especial a todas as persoas que participaron polo seu gran talento, e ao equipo da biblioteca por conseguir uns agasallos tan fantásticos como as tarxetas regalo da librería Moito Conto. Xa estamos desexando lervos na vindeira edición!