1
XOGOS POPULARES
Educación Física. CEIP Vilaxoán
Materia: Educación Física
Temática: Xogos Populares
Nivel: Educación Primaria
Descrición:Actividades dirixidas ao coñecemento dos xogos populares galegos
Obxectivo:Coñecer e identificar xogos populares que se practican en Galicia
Estratexia: Utilización do libro Lim para presentar ao alumnado xogos populares galegos.
O libro complétase co xogo "Xogos populares" co que o alumnado pode competir de forma lúdica para descubrir quen sabe máis sobre os xogos populares
As imaxes empregadas pertencen a Arasaac (BY-NC-CC) excepto as de sogatira, pedra- papel- tesoira e salto á burra.





  • DEFINICIÓN
    Son xogos que se executan a pé sobre o chan empregando o propio corpo e nalgunhas ocasións materiais moi simples.
    Neste tipo de xogos enfróntanse dous ou máis corredores. En moitas ocasións celébranse con motivo de festas patronais empregando como lugar da realización da carreira unha praza ou os camiños pretos ao pobo.
    Antigamente, nestas carreiras os premios eran en especies.
    Algúns exemplos de xogos tradicionais de carreira son: a carreira da fogaza, recollida de mazarocas de millo, carreira de sellas, carreira de varas, o marro, hai luz...


  • PILLA PILLA
    Un xogador pilla e o resto escapan, o tocado polo que panda pasa a ser o xogador que pilla.

  • POLIS E CACOS
    A metade dos xogadores son "polis" e a outra metade "cacos". Os polis deben de coller aos cacos para levarlos ao cárcere, onde poden ser salvados polos cacos que estean libres.

  • A CADEA
    Un xogador pilla e o resto escapa. Os pillados únense pola man e perseguen unidos formando unha cadea. Se a cadea se rompe non poden pillar.

  • CATRO ESQUINAS
    Catro xogadores sitúanse nas esquinas dun cadrado e outro xogador no medio que encárgase de dar o sinal para que todos cambien de esquina e intenta ocupar unha delas. O que quede sen esquina pasa ao medio.

  • O PANO
    Os xogadores divídense en dous equipos. Cada membro do equipo ten un número. Cando un xogador escoite o seu número debe de ir a coller o pano e volver ao seu campo sen ser tocado polo xogador do outro equipo.

  • DEFINICIÓN
    Son xogos nos que a principal acción e saltar.
    Poden ser xogos non precisen material ou nos que se utilice un material sinxelo: pedras, sacos, cordas...




  • PELETRE
    Iníciase o xogo tirando unha pedriña ao cadro 1 para a contiuación percorrer o peletre saltando a pata coxa sen pisar as liñas que limitan os cadros. Nos cadros 4 - 5 e 7 -8 hai que apoiar un pé en cada un deles. Ao regreso debe recoller a pedriña antes de saír.
    O xogo continúa lanzando a pedriña ao cadro 2 que non pode ser pisado e así sucesivamente.
    No caso de que pisar unha liña ou que a pedriña non caia no cadro correspondente, a quenda pasa ao seguinte xogador.
    Se a pedriña cae sobre unha liña o xogador pode tirar de novo pero cos ollos pechados.

  • XOGOS DE COMBA
    Nos xogos de corda ou comba, os participantes deben saltar á comba sen tropezar con ela. Este xogo pode ser individual ou en grupo. Moitos deles acompáñanse dunha canción que vai indicando o que facer ao mesmo tempo que se salta.

  • SALTOS Á BURRA
    Os xogos de saltos á burra consisten en saltar a un compañeiro (burra) que se coloca co tronco flexionado e as mans apoiadas nos xeonllos. A persoa que salta debe apoiar as súas mans nas costas da burra.
    Segundo as accións realizadas antes, no momento ou despois de saltar atopámonos con distintos xogos de burra: A cabalgada, A ber, Quen que monta bicho pavo?, Al de nada, A bombilla...


  • CARREIRA DE SACOS
    Cada participante debe meterse dentro dun saco e situarse na liña de saída. Ao sinal debe ir saltando sen soltar o saco ata a liña de meta.

  • DEFINICIÓN
    Os xogos de lanzamento poden ser de:
    - Distancia; no que o obxectivo é que o obxecto lanzado chegue o máis lonxe posible.
    - Precisión; neste caso o obxectivo é dar nun lugar concreto ou nunha persoa.






  • XOGOS DE PELOTA
    Nestes xogos emprégase un pelota ben para lanzala contra outro xogador ou para realizar outras accións con ela.
    Algúns xogos de pelota practicados en Galicia son: " O queimado", "Matapiollo", "Pelota contra a parede", " O vixiante", "Parrulos no estanque", " Os burros", " A bomba", "Dez pases", " Patata quente", "Balón prisioneiro"...

  • XOGOS CON BUXAINAS
    A buxaina e un xoguete de madeira dura en forma de pera que leva unha punta de ferro no extremo. Ao redor do mesmo enrólase unha corda para facelo bailar.
    Ademais de bailar a buxaina e realizar distintas habilidades con elas hai xogos competitivos entre os que atopamos: " Os monos", "Quilas", "As sete nicas", "Non hai posada", "Á corro", " A coba"...

  • XOGOS DE BOLAS
    Nos xogos de bolas os xogadores deben lanzar as bolas contra as dos compañeiros ou para colocalas nin lugar concreto.

  • XOGOS DE CHAPAS
    Nestes xogos hai que golpear a chapa có dedo para:
    - Intentar situala nun lugar concreto.
    - Bater na chapa doutro xogador.
    - Facer un percorrido intentando chegar á meta antes que os restantes xogadores.

  • OUTROS XOGOS
    Outros xogos de lanzamento son: " A chave", "Os bolos celtas", " O ferro", " A rá", " Os birlos", " A porca", " O pau", " A ferradura", " A casa do rato", " A petaca"...

  • XOGOS DE SORTE
    Son xogos que teñen como principal finalidade distribuír aos xogadores en equipos ou determinar que xogador vai a pandar ou vai a realizar unha acción concreta no xogo.
    Neste tipo de xogos, todos os xogadores teñen as mesmas posibilidades de pandar ou librarse.
    Hai diferentes tipos de xogos de sorte:
    - Xogos que non precisan material; sorte do cuspe, sorte dos pés, sorte dos dedos, xogos de sorteo ou rifa,...
    - Xogos que precisan material; os materiais que precisan son rudimentarios e fáciles de atopar. Sorte con pedras, sorte con paíños, sorte da raia,...




  • XOGOS DE HABILIDADE
    Nalgúns destes xogos a exhibición é máis importante que a competitividade.
    Entre eles atópanse: "Levar o aro", "Desprazamento con zancos", " A cocaña", "Diábolo", "Pita cega", " A pita choca", "Aceiteira", "Os cegos", " O escondite inglés", " O escondite"...

  • XOGOS DE PAU
    Nestes xogos, o xogador ou o equipo debe de golpear un pau para levalo a un lugar concreto.
    No caso de ser un xogo no que se enfrontan dous equipos un equipo debe evitar que o outro consiga o obxectivo.
    Algúns xogos deste tipo practicados en Galicia son: " A billarda", " O lipe", " Palán de Roma", " O billardeiro",...

  • XOGOS DE FORZA
    Estes xogos teñen a súa orixe no interese por comproba a forza dos participantes.
    Entre os xogos de forza e loita practicados en Galicia atopámonos: "Pé quieto", "Varapau", "Os cabezois", "Pulso", " A maroma", "Garrote", "Maroma en corro"...