O 19 de novembro visitounos unha axente da Garda Civil, para falar co alumnado de 5º e 6º sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e o seu dereito á seguridade persoal.
Na charla tratou temas como a ciberseguridade, o acoso escolar, as drogas e o alcol, e as novas adiccións.
Esta conferencia forma parte do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas.
