A pataca ten moitas calorías
FALSO
O problema é o aceite que absorbe cando están fritidas, fai que se multipliquen as calorías por 7.
As proteínas están só na carne.
FALSO
Por exemplo 100g de lentellas aportan 23g de proteínas. Máis que a carne de porco.
O leite é a principal fonte de calcio.
FALSO
Moitos alimentos aportan máis calcio que o leite:améndoas, abelás, garavanzos, sardiñas,...
Comer cenorias é bo para a vista.
VERDADEIRO
As cenorias aportan vitamina A , pero só melloran a vista nocturna.
Tomar ovos aumenta o índice de colesterol.
FALSO
Os ovos conteñen colesterol, pero non incrementan o colesterol no sangue.
O zume de limón adelgaza.
FALSO
Non hai ningún estudo científico que diga que o zume de limón adelgaza.
É necesario tomar moitas vitaminas.
FALSO
As vitaminas son necesarias en cantidades moi baixas. Os complementos vitamínicos só deberían tomarse cando existen problemas de alimentación ou certas enfermidades.
As graxas vexetais son máis sans que as de orixe animal.
VERDADEIRO
As graxas vexetais son máis saudables, agás o aceite de palma e o de coco porque conteñen graxas saturadas.