BIOGRAFÍA e OBRA

Letras Galegas 2013

Roberto Vidal Bolaño

Ceip de Pedrouzos - 2013

Letras Galegas 2013

Roberto Vidal Bolaño naceu no barrio compostelán de Vistalegre un 31 de xullo do ano 1950.
Fillo de Carmen e de Roberto.
De pequeno gustáballe ir á coller froita nas hortas alleas, xogar ao fútbol, meterse nas liortas da rapazada de "dentro portas" e "fora portas" e coa chegada da televisón, descubriu as historias e os xogos de indios e vaqueiros, de romanos,...
Gustánbanlle os cans e na súa casa habíaos, xa que seu pai era cazador.
Como era alto, terminou xogando ao baloncesto no posto de pivot. Antes xogara de porteiro.
Empezou a traballar moi novo nunha tenda de recambios para coches.

Ceip de Pedrouzos

Logo traballou nunha axencia de viaxes, máis adiante nunha tenda de electrodomésticos e xa máis tarde e durante anos, nun banco.
Mentras traballaba foi rematando os seus estudos de bacharelato elemental coa intención de ir a estudar cine a Madrid, cousa que finalmente non puido facer.
Finalmente adicouse plenamenta ao teatro.
Esta afección viña de lonxe, xa que de moi novo con 15 anos, fixera unha primeira obra teatral, "O Xogadeiro" que incluso chegou a representarse e da que non se conserva ningún exemplar ou copia.
Con 27 anos publicou a que podemos considerar a súa primeira obra coñecida: Laudamouco.

Letras Galegas 2013

No ano 1975 crea o grupo de teatro Antroido, iniciando os seus primeiros pasos cara a súa profesionalización teatral, como director e actor.
No ano 1976, publica "Landamouco, señor de ningures" pola que recibirá o premio Abrente.
Tamén no ano 76 casa coa actriz Laura Ponte.
Deixa de traballar no banco no ano 1977 e adícase plenamente ao teatro publicando varias obras teatrais.
No ano 1984 Roberto participa na creación do Centro Dramático Galega, e o que inicialmente podería supoñer un relación estreita entre dramaturgo e institución, significou un distanciamento teatral e un acercamento ao mundo audiovisual, máis por motivos polícos que por ganas do autor.

Ceip de Pedrouzos

Distánciase do teatro institucional, segue escribindo e coa chegada, no ano 1985, da Televisón Galega empezan a tomar corpo os seus proxectos audiovisuais.
Roberto Vidal Bolaño participa como actor, doblador e director artístico da productora de televisón CTV-Galaxia.
Participa como actor e director de series na TVG baseadas en textos de Alvaro Cunqueiro, coma "Os outros feirantes", ou na primeira película en galego "Sempre Xonxa" (1989).
Separado de Laura Ponte, coñece a Cruz Comesaña que sería a súa parella ata a morte prematura desta actriz no ano 1989.
O sombreiro que sempre acompaña a Roberto e unha homenaxe e recordo de Cruz.
No ano 1992 funda con Belén Quintáns, que sería a súa muller e compañeira ata a súa morte, a compañía teatral Teatro do Aquí. Supón a súa reintegración plena ao campo teatral.

Letras Galegas 2013

No ano 2002, a compañía de Teatro do Aquí estrea Animaliños, con texto e dirección de Roberto Vidal Bolaño.
É o seu último traballo dramático.
En setembro dese mesmo ano publícase o seu monólogo "Sen ir maís lonxe", para moitos, o seu "testamento dramático", monólogo por el mesmo representado no ano 1999 na sala Nasa en Santiago de Compostela.
Morreu un 11 de setembro do ano 2002 co só 52 anos, deixando tres fillos, Roi, Miguel e Carmen, quen estudou os últimos cursos da primaria no Ceip de Pedrouzos e a secundaria no Ies de Brión.

Os amigos, familiares e compañéiros velámolo aquel 11 de setembro de 2002 no Salón Teatro, fielmente acompañado polo seu chapeu e o seu nariz de pallaso. Ao outro día , deixámolo descansando para sempre en Boisaca. Orfos da súa compaña, pero enriquecidos coa súa inmensa capacidade creativa.(Antón Dobao).
____________________________________

Ceip de Pedrouzos

OBRAS TEATRAIS
ESCRITAS DESTACADAS

Letras Galegas 2013

Laudamouco, señor de ningures, 1976


Bailadela da morte ditosa, 1980

Ceip de Pedrouzos

Agasallo de sombras, 1992


Cochos, 1992

Letras Galegas 2013

Días sen gloria, 1992


Saxo tenor, 1993

Ceip de Pedrouzos

Actas escuras, 1994


Touporroutou da lúa e do sol, 1996

Letras Galegas 2013

Doentes, 1998


A ópera de a patacón, 1998

Ceip de Pedrouzos

Rastros, 1998


O día que os chífanos deixaron de soar, 1999

Letras Galegas 2013

Sen ir máis lonxe, 1999
Considerada por algúns como o seu "testamento dramático"


Criaturas, 2000

Ceip de Pedrouzos

A burla do galo, 2000


Mar revolto, 2001

Letras Galegas 2013

Animaliños, 2002


Integral, 2002

Ceip de Pedrouzos

REPRESENTACIÓNS DESCATADAS
Roberto Vidal Bolaño tamén destacou como actor, director e escenógrafo.

Citamos algunhas representacións:

Laudamouco, Señor de Ningures, 1976
Bailadela da morte ditosa, 1980
A casa dos afogados
Rosalía, 1985
Capice des Dieux, 1985
Anxeliños, comedia satánica, 1996
Mar revolto, 2001


Participou como actor na longametraxe "Sempre Xonxa" ou en series de televisión coma "Mareas vivas".
Fixo traballos audiovisuais para a televisíon sobre obras de Álvaro Cunqueiro, Anxel Fole ou Blanco amor.

Letras Galegas 2013

PREMIOS
E
RECOÑECEMENTOS

Abrente (1976), con Laudamuco Señor de ningures.
    Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de Mortos e Ausentes).
    Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa
    O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamon ou Trocar en Rato Pequeno o Meirande Xigantón".
    O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das Papas e do Unto.
    Medalla de oro (Premio cidadE de Valladolid) (1983-1984) por unHa adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín.
    Premio Rafael Dieste
    Premio Álvaro Cunqueiro
    Premio Xacobeo (1992)
    Premio Eixo Atlántico
    Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto teatral en gallego)


.

Ceip de Pedrouzos

Roberto Vidal Volaño