Vexetal
O reino Vexetal é un dos tres reinos superiores, formado por seres eucariotas, pluricelulares e con tecidos verdadeiros. Son autótrofos e precisan luz, auga, sales minerais e dióxido de carbono para formar a súa materia e obter a súa enerxía mediante o proceso chamado fotosíntese. A fotosíntese permite a existencia da materia orgánica, alimento dos heterótrofos, e do osíxeno. A auga e as sales minerais son absorbidas polas raíces, e o dióxido de carbono e a luz solar son captados polas follas. Actualmente sen a fotosíntese non poderían vivir os seres heterótrofos.
As súas células teñen parede celular de celulosa e cloroplastos que captan a luz solar. Algún dos seus recubrimentos son tan fortes que lles permiten acadas alturas impresionantes e, nalgúns casos, vivir máis de 1000 anos.
Os grupos máis antigos carecen de flores e a súa reproducción e dobre: por esporas e por gametos. Brións e hepáticas aínda dependen moito da auga e viven perto dela ou en lugares moi húmidos. Os fentos poden vivir en lugares un pouco máis secos e, durante moitos millóns de anos cubriron a superficie terrestre, uns con tamaños pequenos e outros co tamaño das árbores actuais, eran fentos arborescentes.
A evolución dalgúns parentes dos anteriores permitiu a aparición das primeiras flores, en forma de ramilletes as masculinas e en forma de pinas as femininas. Todas elas carecen do ovario e os óvulos están nús. Son as Ximnospermas (sementes núas) que, case na totalidade son árbores. O seguinte paso evolutivo foi a aparición das flores con ovario, a flor típica das anxiospermas, aínda que teñen flores con moitas variantes. Ao xermolar as sementes poden aparecer con dous folliñas ou cotiledóns (prantas dicotiledóneas) ou cunha pequena folliña ou cotiledón (prantas monocotiledóneas. A dispersión do pole, os froitos e as sementes é moi variable pero hai unha dependencia maior dos animais na actualidade que no pasado.