Fungi
Galería de imágenes
O reino dos Fungos ou Micetal é un dos tres reinos superiores, formados por seres eucariotas, pluricelulares e con tecidos verdadeiros. Son heterótrofos e precisan materia orgánica para nutrirse, como sucede cos animais, pero teñen parede celular nas súas células, como os vexetais, pero está formada por quitina (como os insectos) e non por celulosa.
Poden ser microscópicos, uns son chamados mofos, como o do pan, produtor da penicilina. Algúns son patóxenos. Outros son chamados micorrizas e viven no interior das raíces de algunhas plantas, colaborando con elas.
Os lévedos, considerados fungos, son unicelulares. Producen fermentacións como a do pan ou a da cervexa, pero tamén poden existir patóxenos. Constitúen unha das excepcións da clasificación dos Cinco Reinos.