Animal

O reino Animal é un dos tres reinos superiores, formado por seres eucariotas, pluricelulares e con tecidos verdadeiros. Son heterótrofos e precisan materia orgánica e osíxeno para poder obter a súa materia e enerxía, dependendo por isto dos seres autótrofos.

As súas células carecen de parede celular e cloroplastos, e posúen centríolos, uns orgánulos do interior da célula relacionados coa división celular.

Todos teñen reproducción sexual, pero algúns poden ter reproducción asexual.

Uns carecen de columna vertebral e de esqueleto interno e reciben o nome de invertebrados, e outros teñen columna vertebral e son chamados vertebrados.

Anterior | Siguiente

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License