Obxectivo:
Estimular a imaxinación e a creatividade do alumnado utilizando como medio a creación por eles mesmos de dispositivos musicais electrónicos.
Descrición:
Neste obradoiro propoñeranse varios proxectos que darán lugar a instrumentos musicais diferentes capaces de orixinar sons electrónicos por si mesmos. Para isto empregaranse simplemente materiais cotiáns (auga salgada, papel de aluminio, moedas) ou reciclados (botellas de plástico, cables ou altofalantes rescatados de aparatos electrónicos vellos). Mediante esta proposta traballaranse áreas específicas como a creatividade, a educación ambiental ou a imaxinación, nun ambiente de experimentación colectiva que combina arte e ciencia a partes iguais.
Impartido por Mateo Mena, compositor e creador de instrumentos musicais. Impartiu obradoiros de música electrónica en diversos centros de ensino secundario galegos, alén de numerosas presentacións en ferias europeas de inventores.
volver aos obradoiros