
O Proxecto “Escolas na Nube” tén como obxectivo xeral a implantación, deseño e validación dun produto tecnolóxico que permita a utilización das TIC de forma efectiva para a mellora da aprendizaxe e a colaboración nos pequenos colexios rurais, baseada en solucións de cloud computing, virtualización e software libre.
Funcionalidades principais
- Recursos educativos: acceso a materiais de repaso, follas de traballo e actividades interactivas para uso na aula e na casa.
- Comunicación: canles de mensaxería e contacto directo entre escolas dispersas, profesorado itinerante e familias.
- Espazo colaborativo: repositorio de documentos e proxectos escolares compartidos entre diferentes aulas rurais.