Solucións ás situacións que poden xurdir na instalación e no uso de Abalinux.
Elección da versión
- Versión estándar (Abalinux 12): a recomendada para a maioría de portátiles e equipos de escritorio.
- Versión lixeira (Abalinux 11 LXDE): para equipos con poucos recursos de hardware. Non inclúe compiladores, ferramentas de procesamento de vídeo e audio nin aceleración 3D.
Preparación da instalación
Descargar o ficheiro ISO e crear con el un USB ou DVD de arranque.
Este dispositivo permite arrincar o equipo en modo live para probar o sistema antes de instalalo.
Perda de datos na instalación
Na instalación elimínanse todos os datos almacenados no dispositivo e non se poden recuperar.
Manter Windows no equipo
A opción «Instalar a carón» permite que Abalinux conviva con Windows no mesmo equipo.
Equipos UEFI ou BIOS
- BIOS: táboa de particións MBR.
- UEFI: táboa de particións GPT, cunha partición EFI de 512 MB en formato FAT32.
Disco con volumes lóxicos (LVM)
Antes de instalar hai que eliminar os volumes lóxicos que existan no disco.
Os cambios desaparecen ao reiniciar
O usuario está conxelado: a función «Conxelar usuario» anula as modificacións no seguinte reinicio.
Para conxelar ou desconxelar, abrir a ferramenta en Aplicativos › Sistema; pide as credenciais do superusuario root.
Navegación segura
- Abalinux 12: vén instalada por defecto.
- Abalinux 11: instalación opcional, co ficheiro e o manual dispoñibles na sección APP Navegación Segura de espazoAbalar.
Control parental
Abalinux 12 permite activalo sen scripts adicionais. Require as credenciais de root e é irreversible.
Tarxeta criptográfica do persoal
Pódese usar directamente nos equipos con Abalinux 18.3 ou posterior.