Solucións ás situacións que poden xurdir no entorno do proxecto E-Dixgal.
Avaría do ordenador do alumnado
Contactar co Soporte Premium, dispoñible as 24 horas:
- Teléfono: 881 86 99 00
- Correo: soporte.premium@edu.xunta.gal
- WhatsApp: 604 06 78 56
- Telegram: @Serviciopremiumedixgal
O servizo determina se a avaría está cuberta pola garantía e, se é así (ou se hai seguro), proporciona un equipo de substitución.
Dano observado no equipo
Hai que informar ao titor ou titora de calquera dano.
Rotura accidental do equipo
As avarías por uso normal cóbreas a garantía. Os danos non cubertos son responsabilidade das familias.
Existe un seguro voluntario que cobre a rotura de compoñentes (pantalla, carcasa, teclas, conectores).
Perda ou roubo do equipo
A responsabilidade é das familias. O seguro voluntario non cobre o roubo, a perda nin a rotura do lapis ou da súa punta.
Acordo de cesión sen asinar
O alumnado sen o documento asinado non pode usar o equipo fóra do centro.
As familias que non o asinan manteñen igualmente a responsabilidade sobre os danos.
Alumnado sen equipo despois de setembro
Os equipos envíanse en setembro segundo a matrícula rexistrada en XADE. A partir de outubro non hai envíos programados: hai que contactar co Soporte Premium.
Acceso ao EVA
Desde calquera ordenador con internet, en eva.edu.xunta.gal, coas credenciais facilitadas polo centro.
Aula virtual non dispoñible no EVA
As aulas créanse automaticamente cando en XADE están completos:
- A matrícula do alumnado.
- Os grupos.
- A asignación do profesorado a cada materia e grupo.
Sen conexión a internet na casa
A aplicación EVA Offline, xa instalada nos equipos (Escritorio Abalar › Educación), permite acceder aos contidos sen conexión.
Páxina educativa bloqueada
Notificar ao Soporte Premium o enderezo web e a necesidade de acceso ou a idoneidade do recurso.
Acceso a contido inadecuado
Identificar o sitio web e notificalo ao Soporte Premium.
Navegación segura non operativa
Os equipos deben ter instalada a versión 11 ou posterior da maqueta Abalar.
Devolución do equipo ao final do curso
- O alumnado que continúa pode manter o equipo durante o verán ou deixalo no centro.
- O alumnado que deixa o proxecto debe devolvelo a finais de xuño.