Proxectos

Familias

E-Dixgal segue un modelo híbrido: combina os métodos tradicionais cos recursos, ferramentas e contidos dixitais. A tecnoloxía complementa as prácticas de sempre, non as substitúe.

Información para as familias

Vantaxes do modelo

  • Interacción: aprendizaxe personalizada e dinámica con recursos multimedia e actividades interactivas, e comunicación co profesorado e co resto do alumnado para traballar en colaboración.
  • Contacto directo: libros e cadernos seguen sendo esenciais, por exemplo para a escritura manual.
  • Flexibilidade pedagóxica: o profesorado mestura ensino tradicional e dixital segundo as necesidades do alumnado.

Os contidos, tamén na casa

O alumnado ten os contidos de todas as materias no entorno virtual EVA, accesible desde calquera ordenador con internet coas claves que lle dá o centro. Sen conexión, pode usar EVA Offline, xa instalado no portátil E-Dixgal.

Responsabilidade sobre o equipo

O coidado e o bo uso do equipo son responsabilidade das nais, pais ou titores legais, que responden da súa perda ou mal uso. As avarías do uso diario están cubertas pola garantía. De xeito voluntario, pódese contratar un seguro que cobre a rotura de compoñentes do equipo, pero non o roubo, a perda nin a rotura do lapis.

Folleto informativo para as familias (PDF)

Non sabes cal é a asesoría do teu centro?

Consulta o mapa interactivo: elixe a zona ou preme no teu concello e verás todos os centros educativos que atende cada asesoría.

Abrir o mapa de zonas