O proxecto E-Dixgal conta cunha rede de soporte e asesoramento para alumnado, profesorado, centros e familias, por teléfono, correo electrónico, mensaxería ou atención presencial.

Servizo Premium
Calquera problema de funcionamento, desperfecto, perda ou roubo do equipamento E-Dixgal debe comunicarse canto antes ao Servizo Premium.
- Teléfono: 881 86 99 00
- Correo electrónico: soporte.premium@edu.xunta.gal
- WhatsApp: 604 06 78 56
- Telegram: @Serviciopremiumedixgal
Que atende
- Avarías do equipamento do proxecto.
- Incidencias ou problemas técnicos do entorno virtual EVA e dos seus contidos dixitais.
Se a avaría está cuberta pola garantía ou o equipo ten seguro, o Servizo Premium proporciona un equipo de substitución mentres se repara o orixinal.