
Unha ferramenta estable e consolidada que xa está integrada por defecto a partir da versión Abalar 11 e que tamén se ofrece como instalación opcional para a versión Abalinux 11 (maqueta libre). Un procedemento consolidado de xestión e mantemento que permite manter actualizadas as necesidades de bloqueos ou autorizacións de acceso a sitios específicos de forma periódica, cun protocolo centralizado que recibe as necesidades e analiza o impacto das mesmas.
Funcionalidades básicas:
- Filtrado de contidos.
- Filtrado de contido inapropiado usando Blacklist e Whitelist.
- Filtrado por categorías.
- Configuracións precisas para filtrado de sitios web por categorías.
- Funciona indistintamente tanto no centro educativo como no domicilio.
- Filtrado da actividade.
- Evita accesos non autorizados a sitios con información sensible.