
Todo o alumnado participante dispón dun PC Portátil HP ProBook x360 11 G1 EE, HP ProBook x360 11 G5 EE ou Lenovo ThinkPad Yoga 11e 5Th G (todos os modelos co mesmo sistema operativo, as mesmas aplicacións e características e prestacións similares).
Estes equipos poden ser empregados como portátil ou como tableta, son táctiles e traen integradas un amplo conxunto de aplicacións educativas agrupadas por categorías como imaxes en 3D de planetas, táboa periódica ou editor de moléculas para ciencias, dicionarios, apps de experimentos e circuítos eléctricos para física ou de operacións e gráficas para matemáticas, entre outras.
Desde o equipo pódese acceder ao entorno virtual de aprendizaxe (EVA), tanto en modo conectado (on-line) como en modo sen conexión (a través do cliente off-line instalado no equipo).