Proxectos

Espazo Titorías

«Espazo Titorías» ten como obxectivo facilitar a colaboración entre titores/as e profesorado para obter información sobre o alumnado e preparar as titorías coas súas familias ou responsables legais.

O espazo titorías consta de dúas partes diferenciadas:

  • Titor/a: pode solicitar un informe do/a alumno/a ao profesorado que proceda.
  • Profesorado: o profesorado ao que se lle solicita o informe dispón dun apartado específico para redactar a información requerida.

Acceso a «Espazo Titorías»

Para acceder ao módulo de titorías:

  1. Preme o botón «Acceso aos servizos».
  2. Autentícate no portal espazoAbalar coas credenciais corporativas.
  3. Selecciona o grupo, como titor/a ou como profesor/a.
  4. Na lapela «Accións», entra en «Espazo titorías».
Botón Acceso aos servizos na cabeceira de espazoAbalar

Se o usuario escolle un dos grupos dos que é titor/a entrará no modo de espazo de titorías de titor/a. Pola contra, se escolle un dos grupos dos que é docente, accederá no modo de espazo de titorías do profesorado.

Acceso do titor/a como docente do seu grupo

Para cubrir como docente os informes que o propio titor/a solicitou sobre o alumnado dos grupos dos que é titor/a:

  1. Escolle o grupo do que es titor/a.
  2. Na lapela «Accións», entra en «Espazo titorías».
  3. Na seguinte pantalla, preme o botón «Acceso Como Docente ao Grupo».
Pantalla de espazoAbalar co botón Acceso Como Docente ao Grupo

Non sabes cal é a asesoría do teu centro?

Consulta o mapa interactivo: elixe a zona ou preme no teu concello e verás todos os centros educativos que atende cada asesoría.

Abrir o mapa de zonas