Proxectos

APP navegación segura

Navegación segura

Unha ferramenta estable e consolidada que está integrada por defecto desde a versión Abalar 11 (maqueta xestionada) e a versión Abalinux 12 (maqueta libre). 

Tamén se ofrece como instalación opcional para Abalinux 11 (maqueta libre). 

Un procedemento consolidado de xestión e mantemento que permite manter actualizadas as necesidades de bloqueos ou autorizacións de acceso a sitios específicos de forma periódica, cun protocolo centralizado que recibe as necesidades e analiza o impacto das mesmas. 

Funcionalidades básicas 

  • Filtrado de contidos 
    Filtrado de contido inapropiado usando Blacklist e Whitelist. 
  • Filtrado por categorías 
    Configuracións precisas para filtrado de sitios web por categorías. 
  • Protección no domicilio 
    Funciona indistintamente tanto no centro educativo como no domicilio. 
  • Filtrado da actividade 
    Evita accesos non autorizados a sitios con información sensible. Esta ferramenta xa está integrada por defecto en Abalinux 12.

NOTAS: 
A navegación segura pode instalarse tamén en Abalinux 11, de forma opcional. 

Manual de instalación para Abalinux 11

Non sabes cal é a asesoría do teu centro?

Consulta o mapa interactivo: elixe a zona ou preme no teu concello e verás todos os centros educativos que atende cada asesoría.

Abrir o mapa de zonas