"Historia elemental"
O alumnado presenta personaxes ou feitos históricos vinculados a elementos da táboa periódica. Cada elemento serve de fío condutor para explorar descubrimentos científicos, contextos sociais, biografías e avances tecnolóxicos, interdisciplinarizando química, historia e cultura. O proxecto traballa competencias científicas, lingüísticas e dixitais, promovendo curiosidade e participación activa.
"Mulleres científicas"
O alumnado investiga figuras relevantes, elaborando materiais visuais con biografía, achegas e contexto histórico, incorporando códigos QR vinculados a contidos multimedia para ampliar a experiencia. Esta actividade promove a visibilización, o pensamento crítico, a igualdade e unha aprendizaxe intedisciplinar (lingua, historia, ciencia e TIC) dende unha óptica inclusiva e motivadora.
"Pateando con Patoso"
Patoso (un pato de goma) é a mascota da nosa Aula, que acompaña ao alumnado nas súas saídas e actividades fóra do hospital. As/os rapazas/es totografían a Patoso en momentos significativos e elabóranse vídeos resumo publicados na conta de Instagram, fomentando o sentimento de pertenza e a participación, sen comprometer a privacidade.
"Pílulas educativas: aprendendo de quen nos coida"
Médicas/os, enfermeiras/os, farmacéuticas/os e outras/os profesionais do hospital comparten coñecementos adaptados ao alumnado mediante charlas curtas e divulgativas.
Plan de acollida
O propio alumando exerce como embaixador da Aula Hospitalaria, acompañando ás novas incorporacións e presentando espazos e dinámicas. Esta práctica fomenta a corresponsabilidade, fortalece os vínculos e reduce a sensación de vulnerabilidade ligada ao ingreso hospitalario.
“Te lo cuentan las matemáticas” (web)
Obradoiros trimestrais impartidos por matemáticas/os para aproximar e fomentar o gusto e o interese por esta disciplina mediante actividades manipulativas e colaborativas.
Xestión
Dispoñemos dun sistema de rexistro propio do alumnado así como dun sistema de inventario de materiais que contribúen a crear un ambiente estruturado e seguro.
